Adegas Terra De Asorei

Adegas Terra De Asorei

A proposta de enoturismo de Adegas Terra de Asorei é unha experiencia sostible do rural galego do século XXI. Adegas Terra de Asorei é unha adega familiar do Val do Salnés, que aposta pola calidade e honestidade dos seus albariños. Cunha aposta pola sostenibilidade, simbolizada pola elaboración do seu albariño con cepas centenarias ou a recuperación de vellas vides, como o espadeiro, como exemplo de respeto pola biodiversidade. Seguindo nesa liña de sostenibilidade, contamos cunha Adega Botelleiro construída integramente en madeira galega, a primeira edificación de Galiza con estas características.
Estamos en San Martiño de Meis, á beira da ruta da Pedra e da Auga, ó pé do monte onde se atopa o mosteiro de Armenteira. Queremos fomentar unha vida saudable e vos invitamos a facer un recorrido polos sendeiros interiores de Terra de Asorei, onde poderán contemplar os nosos viñedos e dende un entorno aberto, a partir da nosa Eira de Asorei, visitarán a Adega de colleita, Adega de elaboración, A sala de catas Asorei, A tenda da adega e a Adega botelleiro, coa súa taberna de Asorei. E gozar do miradoiro do solpor, onde poderán desfrutar de momentos de sosego, catando os nosos albariños.
Partindo da honestidade e calidade dos viños de Terra de Asorei, ofrecemos unha vivencia baseada na cultura e a tradición, poñendo en valor a viticultura social, humana, feita a man propia das xentes do Val do Salnés. Cultivamos uva albariña con experiencia, ciencia e humanidade.
Convidámosche a emocionarte cos nosos albariños. Desexamos que coñezas a historia das persoas, a terra dos seus viñedos, o seu microclima, a paisaxe atlántica, e a cultura galega que enche cada botella de Adegas Terra de Asorei. Queremos que leves algo de nós, que leves no teu corazón o Val do Salnés, as Rías Baixas e para sempre: Galicia e Terra de Asorei.

Dirección

Lg.Cabeiro, s/n San Martiño, Meis (36637), Pontevedra

Subzona

Val do Salnés

¿Es accesible?

Sí

Horarios

Horario de apertura de Luns a Venres: 10:00-14:00p.m 16:00p.m-19:00 p.m
Horario de visita de Luns a Sábado (sempre con previo aviso): 11:00-13:00 e 17:00 Domingos: 11:00-13:00

Experiencias

Descubre qué hacer

Val do Salnés

Vivir o rural do século XXI do Val do Salnés na Eira de Terra de Asorei

Visita ás instalaciones de Adegas Terra de Asorei, con diferentes formatos de cata a elegir: Auténtico: Unha visita de 1h e media que inclúe unha cata de dúas elaboración especiais e maridaxe. Arte: Visita de 1h e media con cata de 4 dos nosos viños, incluindo 2 elaboracións especiais e un escumoso e maridaxe de […]

Val do Salnés

Cambados de Asorei: Viaxe da capital do Albariño a través de Ramón Cabanillas e Francisco de Asorei

Benvida en Adegas Terra de Asorei, coa cata dun primer viño ,tras o que se realizará o traslado por vehículo propio a Cambados, onde faremos unha visita guiada dos espazos de Francisco de Asorey e Ramón Cabanillas na capital do albariño. Volta á adega para cata de outros dous albariños, con petiscos. *Traslado dende Adegas […]

Val do Salnés

Ruta de senderismo dende Adegas Terra de Asorei ó Monasterio de Armenteira a través da ruta da pedra e da auga

Ruta de Senderismo dende Adegas Terra de Asorei ó monasterio de armenteira, paso a través de viñedo propio.Inclúe visita a Adegas Terra de Asorei, coa cata de tres dos nosos albariños, con petisco. (Con posibilidade de servicio de ducha, sin toalla)

Imágenes de la experiencia